Padrón entrega a Fran Fernández Dávila o XXXV Premio Literario Camilo José Cela

16 Marzo 2026

O Concello de Padrón entregou o XXXV Premio Literario Camilo José Cela ao escritor e enxeñeiro industrial Fran Fernández Dávila pola súa obra A lingua dos ósos. O galardón está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña co busto do premio Nobel.

A entrega tivo lugar na sede da Fundación Camilo José Cela e contou coa participación do alcalde de Padrón, Anxo Arca, e da directora da entidade, Covadonga Rodríguez.

Covadonga Rodríguez, Fran Fernández Dávila (co premio) e Anxo Arca

Durante o acto, Anxo Arca destacou as achegas literarias do autor, natural de Nigrán, e puxo en valor a súa traxectoria e versatilidade creativa. O rexedor lembrou tamén que Fran Fernández Dávila xa fora recoñecido anteriormente co premio de poesía Rosalía de Castro.

Pola súa banda, o gañador amosouse “inmensamente feliz e agradecido” por recibir un premio que cualificou de “tan prestixioso”. Fernández Dávila agradeceu ademais ao Concello de Padrón “o seu compromiso inquebrantable coa cultura e por manter vivo este premio ano tras ano”. O escritor destacou tamén que, entre os 168 relatos presentados nesta edición, resultase gañador un texto escrito en galego.

O acto concluíu cun concerto de música a cargo de alumnado da Escola de Música Municipal de Padrón. Natalia, Martiño e Raúl interpretaron varias pezas ao piano, saxo e trompeta, poñendo o broche musical á entrega do galardón.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.