Padrón amplifica “o esforzo, a fortaleza e a voz” das mulleres na gala das Rumorosas 2026

08 Marzo 2026

O Concello de Padrón reafirmou este 8 de marzo o seu “compromiso firme e innegociable coa igualdade real e efectiva” durante o acto institucional do Día Internacional da Muller, no que se celebrou unha nova edición da gala das Rumorosas 2026, destinada a recoñecer o papel das mulleres do municipio.

A concelleira de Igualdade, Mariló Saco, destacou durante a súa intervención a vontade do goberno local de “redobrar esforzos para construír unha contorna máis xusta, segura e equitativa para todas”, ao tempo que rendeu homenaxe ás mulleres da vila: “ás traballadoras, ás coidadoras, ás mozas que soñan cun futuro sen límites e ás nosas maiores que loitaron para conseguir o que hoxe temos”.

Oito mulleres recoñecidas como Rumorosas 2026

O acto, conducido pola artista Sheila Patricia, tivo como protagonistas a oito mulleres que recibiron o recoñecemento Rumorosas 2026: Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco e Eneida León.

Con este recoñecemento, o Concello quixo visibilizar o papel de mulleres que, co seu esforzo diario e a súa traxectoria profesional e humana, contribuíron ao desenvolvemento social e económico da localidade.

Entre elas atópase Lola Paz, mestra de primaria durante 38 anos e actualmente vinculada ao voluntariado de San Vicente de Paúl; ou Amparo Acosta, pioneira feminina no sector industrial ao incorporarse hai máis de catro décadas á empresa Picusa.

Tamén foi recoñecida Anabel Rivas, catedrática xubilada de Latín e Grego que dedicou máis de corenta anos ao ensino e que, durante a gala, advertiu da importancia de manter viva a loita pola igualdade: “A xente máis nova está a baixar a garda. Debemos coidar e fortalecer todo o que xa conseguimos”.

Pola súa banda, Carmen Osorio, que estivo á fronte da Tienda Mundial durante catro décadas, reivindicou que “ás mulleres aínda nos queda moito camiño por percorrer, pero con respecto, forza e determinación somos capaces de acadar todo o que nos propoñamos”.

A gala tamén destacou a nova xeración representada pola futbolista Catalina Pereira, integrante da Selección Galega Sub-16 feminina, quen animou ás mozas a non renunciar aos seus soños “por ser mulleres”.

Completan a lista María Teresa López, responsable da histórica Joyería Escotti, fundada en 1865; Verónica Blanco, bióloga e investigadora en biotecnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela; e Eneida León, adestradora persoal con máis dunha década de experiencia promovendo hábitos de vida saudables.

Compromiso institucional coa igualdade

Durante o acto tamén se deu lectura ao manifesto institucional, no que Mariló Saco reafirmou o compromiso municipal coa prevención e erradicación da violencia machista, co reforzo dos programas de atención e protección ás vítimas.

Entre as liñas de actuación destacadas figuran tamén a promoción da igualdade no ámbito laboral, o impulso de medidas que favorezan a conciliación e corresponsabilidade, así como a educación en valores igualitarios para garantir un futuro libre de discriminación.

Ademais, o Concello comprometeuse a visibilizar o papel das mulleres na vida cultural, social e económica de Padrón, recoñecendo tanto as súas achegas históricas como o seu papel no presente.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...