Outes reforzará o futuro do río Tins coa sinatura dun acordo de custodia fluvial

25 Marzo 2026

O Concello de Outes acollerá este venres, 27 de marzo, o acto final de presentación de resultados do proxecto Renatur_Outes, unha xornada aberta á veciñanza que combinará balance, divulgación e novos compromisos arredor do río Tins. A cita, que comezará ás 16.00 horas no Auditorio Municipal da Casa da Cultura, terá como eixo central a sinatura dun acordo de custodia que marcará a continuidade do traballo desenvolvido.

O acto institucional contará coa participación do alcalde de Outes, Francisco Calo; da directora da Fundación CEER, Inês Gusman; e do director da Fundación Montescola, Joám Evans. Tamén asistirán representantes da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, xunto co equipo técnico e investigador da Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo, ademais de membros da comunidade local.

Un acordo para dar continuidade

Un dos momentos centrais da xornada será a sinatura dun acordo de custodia fluvial entre a Fundación CEER, como organismo representativo das universidades, o Concello de Outes e A Fundación Montescola.

Este marco de colaboración nace coa vontade de darlle continuidade ao traballo realizado, mantendo activo o interese polo río Tins. A proposta aposta por consolidar unha rede de colaboración estable entre administración, ámbito científico e tecido social, co foco posto na conservación e no coidado do entorno.

A iniciativa sitúa tamén sobre a mesa a importancia de que este tipo de proxectos se manteñan no tempo, apoiándose nun compromiso compartido e a longo prazo.

Un programa aberto á veciñanza

O encontro desenvolverase ao longo da tarde cun programa que combinará momentos institucionais, divulgación e espazos de encontro e diálogo:

16.00 h: Café de benvida

16.30 h: Apertura institucional

17.00 h: Inauguración dos novos paneis divulgativos e do bosque comestible

18.30 h: Sesión de gobernanza

19.30 h: Peche da xornada con petiscos e agasallos

As persoas interesadas pódense inscribir a través do correo comunicacion@fceer.org ou de forma presencial ou telefónica no Concello de Outes (981 85 00 03).

Un percorrido polas universidades galegas

Antes da cita final en Outes, o proxecto percorreu as tres universidades públicas galegas. As universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña acolleron as pasadas semanas as xornadas de presentación dos resultados, nas que o río Tins se presentou como un exemplo vivo de restauración ecolóxica e colaboración territorial.

Estes encontros permitiron compartir co ámbito universitario tanto os datos acadados como as aprendizaxes xeradas, nun diálogo aberto entre ciencia e territorio.

Un peche que abre novos camiños

O acto deste venres supón o peche deste percorrido académico e técnico, pero tamén marca un novo punto de partida no propio territorio.

A xornada permitirá facer balance do proceso desenvolvido e reforzar o vínculo entre o río Tins e a comunidade que o rodea, coa mirada posta na continuidade dun traballo que seguirá evolucionando co compromiso das entidades asinantes e da propia veciñanza.

Renatur_Outes é froito da colaboración entre o ámbito universitario, o Concello de Outes e as fundacións CEER e Montescola. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – Next GenerationEU.

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.