Oswaldo Digón e Jazmín Abuín inician o III Ciclo de Monólogos de Porto do Son (os días 4 e 11 de abril)

26 Marzo 2026

O vindeiro de abril arrincará en Porto do Son a terceira edición do Ciclo de Monólogos que organiza a Área de Cultura municipal e que brindará á veciñanza catro espectáculos de primeira liña todos os martes do dito mes na Casa da Cultura de Porto do Son ás 21.00 horas.

A axenda dará comezo con Oswaldo Digón Alba o devandito 4 de abril, coa función Monólogo comedia. Para quen non o saiba, Oswaldo Digón é un cómico galego natural de Cervantes (Lugo) que leva máis de 25 anos facendo o que máis lle gusta: contar historias e facer rir. Empezou en 1996 como contacontos e desde entón non parou de subirse a escenarios, teatros e estudios de televisión. Participou en proxectos de referencia como As Noites do Club da Comedia, colaborado na TVG e actuado en obras de éxito como Fariña ou Síbaris.

O día 11 será a quenda de Jazmín Abuín Janeiro, co espectáculo Riquiña. Jazmín Abuín é unha polifacética artista galega, nada en Vigo, que destaca como actriz, cómica, cantante e xornalista. Foi actriz de cinema e televisión e é unha figura recoñecida no circuíto do stand-up comedy. O seu espectáculo máis emblemático titúlase Riquiña, onde explora o humor desde a súa identidade galega vivindo en Madrid. Ademais, traballou en producións de teatro musical e de texto e exerce como actriz de dobraxe, locutora e profesora de voz e canto.

O 18 de abril o ciclo proseguirá con Celso Sanmartín e a proposta Contar. Celso Fernández Sanmartín é un dos nomes máis recoñecidos do ámbito galego da narración oral. O espectáculo Contar reúne unha selección de relatos procedentes da tradición oral, transmitidos cun estilo próximo e cun marcado uso do humor, nun formato dirixido a públicos de todas as idades.

O ciclo rematará co actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, achegando o seu espectáculo Aquí Tou!. En Aquí Tou!, o humorista, contador e actor de TV e cinema Xosé Antonio Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán, ata un posíbel epitafio. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo diferente no que o tratamento visual xoga un papel primordial, o que se ve e tan importante como o que se escoita.

As entradas estarán á venda por catro euros (cada monólogo) na Casa da Cultura de Porto do Son de luns a venres de 8:30h a 15:00h e os sábados de función dende as 19:00 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...