Os Xardíns de Valle-Inclán acollen unha exposición sobre “A Camelia na provincia da Coruña”

17 Marzo 2026

Os Xardíns de Valle-Inclán acollen desde hoxe a exposición A Camelia na provincia da Coruña, unha mostra itinerante organizada pola Asociación Española da Camelia co financiamento da Deputación da Coruña.

Na inauguración participaron a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, e a presidenta da entidade organizadora, Carmen Salinero.

A exposición está composta por unha serie de tótems informativos que combinan contidos divulgativos e fotografías arredor da camelia. Nunha das súas caras inclúense imaxes de gran formato de destacadas figuras galegas de ámbitos como a cultura, o deporte, o cinema, a música ou o xornalismo, posando coa flor como elemento protagonista.

Os paneis ofrecen tamén información sobre a Ruta da Camelia de Galicia, con datos e fotografías dos xardíns da provincia que forman parte deste itinerario, así como contidos divulgativos en formato “Sabías que…?”, con curiosidades e aspectos de interese sobre esta especie ornamental.

A mostra está concibida como un percorrido ao aire libre, accesible e visualmente atractivo, que se complementa con distintas variedades de camelias naturais en macetas de gran formato.

Esta iniciativa serve ademais de antesala á IV edición da Mostra da Camelia, que se celebrará os días 21 e 22 de marzo na Casa Mariñeira, reforzando así a aposta do municipio pola divulgación e promoción desta flor emblemática.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.