Os socialistas de Rianxo critican a Rianxo en Común, PP e BNG por “impedir debater unha moción en defensa do sector do mar”

04 Marzo 2026


O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que mostra a súa “profunda decepción” porque, segundo din, “os grupos Rianxo en Común, PP e BNG negáronse a admitir e debater no pleno municipal a moción presentada polos socialistas relativa á valoración de novos puntos de vertido, á monitoraxe ambiental, ao tratamento en terra dos sedimentos e á análise de contaminantes nos dragados”. Para o PSdG de Rianxo “é incomprensíbel que se vetase o debate dun asunto de máxima actualidade e transcendencia para o noso municipio e para o conxunto da ría de Arousa, especialmente nun momento no que as confrarías veñen manifestando publicamente a súa preocupación pola xestión dos vertidos derivados dos dragados do río Lérez e polos posíbeis impactos ambientais, económicos e sociais”.

A moción socialista propoñía instar á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a valorar dous novos puntos de vertido para as Rías Baixas (zona Vigo-Pontevedra e Arousa-Noia), baixo criterios ambientais, ecolóxicos e socioeconómicos rigorosos; garantir a monitoraxe e análise periódica de metais pesados e outros contaminantes nos dragados; promover o tratamento en terra e alternativas seguras antes de autorizar vertidos; e asegurar a participación activa das confrarías na planificación dos dragados e dos puntos de vertido.

E engaden: “Desde o PSOE de Rianxo entendemos que este é o momento de estar ao lado dos mariñeiros e mariñeiras, dos mariscadores e mariscadoras, que están a vivir unha situación crítica. A caída da produción, a incerteza ambiental e a falta de respostas claras por parte das administracións están a poñer en risco o sustento de moitas familias. Rianxo non pode mirar para outro lado. Somos vila mariñeira, dependemos da saúde da ría e do futuro do noso sector primario. Negarse a debater é negarse a escoitar e a asumir responsabilidades”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.