Os socialistas de Noia alertan do risco de perder unha subvención europea de 200.000 euros para a Factoría da Mocidade da Chaínza

03 Marzo 2026
A antiga fábrica de curtidos da Chaínza


O Partido Socialista de Noia emitiu un comunicado no que expresa a súa “fonda preocupación” ante o risco real de que o Concello poida perder unha subvención de aproximadamente 200.000 euros do GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro), financiada con fondos europeos, destinada á actuación na Chaínza, concretamente á creación da Factoría da Mocidade nas instalacións da antiga fábrica. Francisco Pérez Caamaño, alcalde de Noia e secretario xeral do partido na vila, explicou “que o proxecto presentado polo anterior executivo municipal, integrado polo Partido Popular e os independentes do NO.I.A., non coincide co que posteriormente foi licitado, é dicir, a obra que se puxo en marcha na Chaínza non se corresponde co proxecto que fora obxecto da concesión da subvención europea”.

Esta situación, cualificada polos socialistas como “grave, irresponsábel e neglixente”, podería derivar na perda da devandita achega de fondos europeos, “unha cantidade moi significativa para as arcas municipais e que tería que ser asumida con fondos propios do Concello no caso de que non se consiga emendar a deficiencia detectada”, sinalou Francisco Pérez, engadindo que “o actual Goberno municipal está a traballar intensamente para emendar esta irregularidade administrativa e garantir a subvención, mantendo contactos cos servizos técnicos e co propio GALP co fin de asegurar que o proxecto na Chaínza cumpra estritamente coas condicións establecidas na resolución da axuda”.

“Non imos permitir que unha mala xestión do anterior goberno poña en risco fondos europeos fundamentais para o desenvolvemento da nosa vila e para ofrecer novas oportunidades á mocidade de Noia”, sinalaron desde o grupo socialista.

O PSdeG-PSOE de Noia reafirmou o seu “compromiso cunha xestión transparente, rigorosa e responsábel dos recursos públicos”, e asegurou que seguirá informando á veciñanza sobre a evolución deste asunto ata “garantir que a Factoría da Mocidade na Chaínza sexa unha realidade sen custo engadido para a cidadanía”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.