O talento tecnolóxico da Pobra e Ribeira destaca na First Lego League Galicia celebrada en Ferrol

14 Marzo 2026

O talento tecnolóxico da comarca do Barbanza brillou con forza na duodécima edición da First Lego League Galicia, celebrada este sábado no campus universitario de Ferrol. O equipo Robot City Pobra, pertencente á academia Academia Mega de Ribeira, acadou o primeiro premio Ingenier@ Soy, o máximo recoñecemento do torneo.

 Robot City Pobra 

O galardón foi entregado polo reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e supón ademais a clasificación oficial do equipo para representar a Galicia na gran final nacional da First Lego League España, que se celebrará o próximo 11 de abril en Burgos.

A representación de Ribeira no certame foi especialmente destacada, xa que a academia Mega sumou outros dous recoñecementos importantes ao longo da xornada. O equipo Mega Builder Team obtivo o primeiro premio ao deseño do robot, mentres que Mega Ribeira Super Lego acadou o segundo premio da Deputación da Coruña aos Valores First, que recoñece a actitude, cooperación e espírito de equipo durante a competición.

Estes resultados consolidan a Ribeira como un referente na robótica educativa dentro dun evento que reuniu a 53 equipos e máis de 450 participantes de entre 5 e 16 anos procedentes de distintos puntos de Galicia e Asturias.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.