O PSOE de Rianxo reclama melloras nos asfaltados para “garantir a seguridade da veciñanza”

18 Marzo 2026


O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado sobre o estado no que se atopa a rede viaria do concello, poñendo o foco nas vías recentemente asfaltadas que, segundo indica o grupo, presentan “un rápido deterioro con fochancas en pistas de apenas dous meses, o que está a xerar malestar e problemas no día a día dos veciños e veciñas”. Tamén reclaman urxencia en arranxar a rede de núcleos como Pousada no Araño e Quintáns, en Isorna, zonas que “seguen á espera de actuacións comprometidas hai máis de dous anos”. Os socialistas reclaman “maior control e calidade das actuacións” co fin de evitar que se teña que actuar en obras recentes.

Ademais, subliñan “a necesidade de planificar as actuacións en zonas sensíbeis, evitando casos como o de Brión, onde se asfaltaron áreas protexidas sen explicacións”. Tamén esixen “garantir unha correcta drenaxe, evitando que a auga afecte ás vivendas e que a veciñanza teña que instalar solucións improvisadas que dificultan o acceso, especialmente para persoas con mobilidade reducida”.

Por outra banda solicitan facer públicos os criterios do plan de asfaltados e pide aclaracións sobre os investimentos anunciados.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.