O PSdeG de Ribeira acusa ao PP de atrasar a residencia de maiores

12 Marzo 2026

O PSdeG de Ribeira cargou contra o novo anuncio da futura residencia de maiores e asegurou que non supón “ningunha solución real”, senón un novo atraso que pode prolongar durante anos a chegada dun servizo considerado esencial para o municipio. Os socialistas critican que o cambio de emprazamento a Cruxeiras, preto do parque de San Roque, obriga a reiniciar trámites e coloca de novo o proxecto “no punto de partida” despois de anos de espera.​

A formación denuncia, ademais, a falta de información clara sobre a localización exacta e os criterios que levaron a escoller esta parcela, así como sobre a súa cualificación urbanística e os servizos dispoñibles. Ao seu xuízo, o lugar non é axeitado porque “as persoas usuarias dunha residencia non deben ser illadas do día a día da sociedade cunha suposta contorna natural”, senón que deben poder facer vida social, pasear, mercar ou tomar un café integradas na dinámica de Ribeira.

O PSdeG lembra que esta decisión chega despois de descartar o proxecto anterior, no que, segundo subliña, xa se investiron máis de medio millón de euros con cargo ao peto da veciñanza. Lonxe de aproveitar ese traballo, acusan o PP de “tiralo pola borda” e asumir conscientemente que iso supón atrasar a residencia durante anos, mentres os ribeirenses seguen sen o servizo que precisan. “O que non pode facer o PP é actuar como se aquí non pasase nada”, advertiu o portavoz socialista, que se pregunta “quen pode asegurar que outra vez non van escoller unha parcela que tamén poida dar problemas no futuro, se foi o propio PP quen escolleu a anterior”.

Para os socialistas, se existise unha vontade real de sacar adiante a infraestrutura, o lóxico sería retomar o proxecto previo e aproveitar o traballo xa feito para iniciar as obras nun prazo moito máis curto. Con todo, interpretaban que a Xunta e o Concello optan por atrasar a residencia “para non recoñecer os seus actos” e evitar admitir que a paralización anterior responde a unha decisión estritamente política. Ao tempo, critican a “falta de transparencia” con que se está a levar todo o proceso e esixen información inmediata e precisa sobre a nova localización: “Queremos saber con exactitude onde se vai construír a residencia e que se lle diga a verdade á veciñanza. A ver se agora a van construír dentro do parque de San Roque”, sentenciou o voceiro do PSdeG.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.