O profesor Antonio Rial (USC) mostra este venres en Rianxo como acadar un uso saudábel dos dispositivos entre as novas xeracións

11 Marzo 2026

Este venres 13 de marzo o Auditorio Municipal de Rianxo vai ser o escenario dunha actividade de gran relevancia para garantir usos conscientes, seguros, controlados, creativos e responsábeis dos novos dispositivos tecnolóxicos. Trátase da conferencia Impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia: non hai benestar sen benestar dixital, na que se darán pautas prácticas para nais, pais e profesorado.

Será ás 18.00 h no Salón de Actos do Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo. A persoa encargada de impartir os contidos é Antonio Rial Boubeta, profesor da Universidade de Santiago que centra boa parte das súas investigacións en avaliar os efectos negativos dun uso non controlado e non axeitado das novas ferramentas entre nenos e adolescentes.

Dende o Concello de Rianxo sinalan a propósito desta xornada que “a tecnoloxía é unha magnífica ferramenta para favorecer a aprendizaxe de nenas e de nenos, pero o seu uso excesivo (especialmente a idades temperás) pode chegar a xerar problemas no neurodesenvolvemento, na linguaxe ou na atención. O consumo de pantallas non resulta inocuo, se se fai de maneira pouco equilibrada e sen o debido acompañamento. Cando implica novos patróns de interacción e novos xeitos de relacionarse co mundo, pode converterse nun problema, mesmo de saúde pública”.

Antonio Rial é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de mais de 150 artigos en revistas científicas de impacto internacional e director de 25 teses de doutoramento. É o responsábel de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións, dende o uso problemático de Internet e as redes sociais ao ciberbullying. Forma parte do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. No ano 2021 dirixiu o Estudio sobre el impacto de la Tecnología en la adolescencia, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria e acaba de rematar o estudio Infancia, Adolescencia e Benestar (con UNICEF e o Ministerio de Transformación Dixital), no que participaron 93.000 adolescentes e 7.500 profesoras e profesores de toda España e que é o traballo científico de maior envergadura feito en Europa sobre o tema.

Ten publicado nalgunhas das mellores revistas internacionais do eido da adolescencia, a saúde mental e a ciberconvivencia, como Psychiatry Research, Addictive Behaviors, Journal of Gambling Studies, Computers in Human Behavior ou Cyberpsyhology.

Colabora dende fai anos con centros de investigación de referencia internacional, como o Center for Adolescent Behavioral Health Research (da Universidade de Harvard), ou o Cognitive and Affective Regulation Laboratory (da Universidad de Lausanne). En 2022 foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, polo seu labor na prevención das adiccións na mocidade, e en 2023 co Premio Iacobus da Educación, ano no que tamén foi distinguido como Colexiado do Ano polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia. Formou parte do Comité de Expertos do Ministerio de Xuventude e Infancia, para a elaboración da Lei de Protección dos menores na contorna dixital e do grupo creado pola Consellería de Educación, para elaborar o Plan de Benestar Dixital de Galicia.

Outros artigos

Rianxo pon a punto as súas praias logo dos estragos dos temporais

O Concello de Rianxo está a traballar arreo estes días, a través do seus servizos de limpeza, obras e mantemento, para corrixir os estragos causados polo tren de temporais do pasado inverno. Ademais, grazas á axuda recibida de mans da Deputación da Coruña, de cara ao...

+

Tempo estable o sábado con sol e suba das temperaturas

Galicia manterase este sábado baixo a influencia das altas presións, cun claro dominio do vento do nordés que deixará unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica na maior parte do territorio. Agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que pola...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.