O nordeste lidera o Campionato Galego de ILCA en Ribeira e marca o ritmo dunha das citas máis multitudinarias da vela galega

28 Marzo 2026

A Ría de Arousa foi escenario este sábado do inicio do Campionato Galego da clase ILCA, que organiza o Club Náutico e Deportivo de Riveira ata o vindeiro luns 30 de marzo. A competición reúne a preto dun centenar de regatistas de toda Galicia, consolidándose como unha das probas máis importantes do calendario autonómico de vela lixeira.

Foto Juan Caballero

O vento do nordeste foi o gran protagonista da xornada inaugural, soprando con intensidades constantes de entre 15 e 16 nós, o que permitiu ofrecer un gran espectáculo na ría arousá, especialmente nas categorías olímpicas ILCA 6 feminino e ILCA 7 masculino.

O Comité de Regata logrou completar dúas mangas, rápidas e esixentes, que os participantes afrontaron con solvencia grazas á súa experiencia neste tipo de condicións.

En ILCA 4 masculino, o liderado é para Jaime Díaz, do Club Náutico Marina Coruña, tras asinar un primeiro e un segundo posto (3 puntos). Séguelle Alejandro Pérez, empatado a puntos, mentres que a terceira praza é para Manuel Pérez, con 6 puntos.

En categoría feminina de ILCA 4, domina Sofía Soliño, con 12 puntos, seguida de Alexandra Lis, con 57, e Ana Costas, con 59.

En ILCA 6 masculino, o regatista local Bruno Iglesias, vixente campión da Copa de España, sitúase á fronte con pleno de vitorias (2 puntos). Séguenlle Ramón Rey, con 4 puntos, e Samuel Cerdeira, con 6.

En ILCA 6 feminino, lidera Lucía Vaquerizo, con 20 puntos. A segunda posición é para Marta Cora, con 39, e a terceira para Candela Asensio, con 50.

Por último, en ILCA 7 —categoría exclusivamente masculina— encabeza a clasificación Carlos González, con 2 puntos. Completan o podio provisional Roque Viejo, con 5 puntos, e Jacobo Montero, con 7.

O taboleiro de anuncios da regata recolle unha modificación no horario da segunda xornada, fixando a saída da primeira proba ás 12:00 horas do domingo, tendo en conta o cambio ao horario de verán.

O campionato conta co patrocinio de Frinsa, Congalsa, Gadis, A Poutada e Álvarez Riveira, ademais da colaboración do Concello de Ribeira e a Real Federación Galega de Vela.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.