O dispositivo de vixilancia e seguridade do Concello e a Policía de Rianxo terá continuidade e verase reforzado

12 Marzo 2026

Este mércores 11 de xaneiro o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, mantivo unha xuntanza de traballo co xefe de Policía Local, co responsábel do posto da Garda Civil de Rianxo e con representantes da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE). O obxectivo da reunión foi trasladar ás empresas integrantes da asociación os detalles das actuacións que o Concello, a Policía Local e a Garda Civil veñen realizando de xeito conxunto no marco do dispositivo de vixilancia e seguridade cidadá habilitado hai unhas semanas logo que se que produciran furtos en establecementos do concello.

O rexedor trasladou ás empresas que as actuacións do dispositivo de seguridade terán continuidade e que o obxectivo a maiores “é reforzar algúns aspectos do devandito dispositivo coa finalidade de prever calquera situación indesexábel”.

Julián Bustelo quixo lanzar unha mensaxe á cidadanía: “Rianxo é un pobo tranquilo e as estatísticas así nolo confirman: no que vai de ano levamos menos delitos que no mesmo período do ano pasado. Nós seguiremos traballando para que isto siga sendo así e para garantir que a nosa xente se sinta segura nas súas casas, na rúa e nos seus postos de traballo”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...