O Concello e a Cruz Vermella de Boiro realizan roteiros polas parroquias para fomentar o intercambio interxeracional

30 Marzo 2026

O Concello de Boiro, xunto coa Cruz Vermella de Boiro, están a levar a cabo nos centros de ensino do municipio, un proxecto interxeracional nomeado Descubrindo xuntos a nosa parroquia. O alumnado participou nestes días en roteiros polas distintas parroquias.

Este proxecto interxeracional naceu coa finalidade de “fomentar o encontro entre xeracións a través do recoñecemento e transmisión do patrimonio local e inmaterial”, segundo informou o Concello, engadindo que nas actividades participan as persoas dos talleres de memoria da Cruz Vermella que, xunto co alumnado de infantil e primaria dos centros, comparten a súa historia, lembranzas e vivencias.

O proxecto comezou a desenvolverse nas aulas no mes de novembro, onde o alumnado traballou en actividades para elaborar un mapa da memoria con lembranzas e lugares significativos, mostra de fotografías antigas, faladoiros para coñecer as costumes e modos de vida, etc, todo co obxectivo de potenciar a memoria autobiográfica e a estimulación cognitiva das persoas maiores, así como achegar aos mais pequenos a historia, tradición e cultura da súa parroquia.

As actividades continúan agora con roteiros polas distintas parroquias para continuar reforzando o intercambio de coñecementos entre xeracións e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dos distintos lugares do municipio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.