O Concello de Ribeira e a Xunta traballan na mellora dos portos do municipio

27 Marzo 2026

Este venres 27 de marzo o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, e o director de Portos de Galicia, Juan Sanmartín, revisaron os peiraos do municipio para avaliar as melloras a realizar para o desenvolvemento da actividade pesqueira a curto prazo. Para iso, desprazáronse a Palmeira, Corrubedo, Aguiño, Castiñeiras e Ribeira.

“Tralos consecutivos trens de borrascas e chegado o bo tempo, establecemos unha folla de ruta para trasladar a Portos de Galicia as medidas a tomar nas infraestruturas portuarias para seguir brindando uns espazos con garantía de seguridade e calidade para os nosos mariñeiros. Ribeira é mar e, como tal, o Concello ten un forte compromiso para que os nosos portos estean en óptimas condicións”, en palabras do edil de Mar.

A mellora e incremento da iluminación supón a petición veciñal máis estendida, segundo confirmou o edil, engadindo que “por iso cambiaranse seis puntos a LED en Corrubedo, catro en Castiñeiras e colocaranse dez barras luminosas na parte traseira da lonxa vella de Ribeira, a carón do mar”. Apuntou que en Corrubedo tamén se reporá o espigón e colocarase unha varanda nunha das escaleiras e, en Castiñeiras, solucionaranse as humidades no teito das casetas dos mariñeiros. A maiores, asfaltarase unha área do porto de Aguiño e repoñeranse as pranchas necesarias na nave das redeiras, así como o arranxo dunha arqueta e instalación de puntos de amarre en Ribeira. E, no que respecta a Palmeira, farase tamén un mantemento xeral da infraestrutura.

Outros dos aspectos comprometidos por parte do ente autonómico é unha maior limpeza dos peiraos.

Outros artigos

Comezan os obradoiros sostíbeis de Nadal no municipio ribeirense

Obradoiros en Carreira Ribeira iniciou na fin de semana os obradoiros sostíbeis de Nadal coa súa impartición nas parroquias de Palmeira, Carreira e Castiñeiras, onde "houbo gran éxito de participación", segundo destacaron os concelleiros Víctor Reiriz e Emilio Pérez,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.