O Concello de Ribeira di que as necesidades urxentes do Centro de Saúde de Corrubedo foron trasladadas á Xunta en febreiro

30 Marzo 2026

En relación ao comunicado emitido este luns 30 polo BNG relativo ás deficiencias do Centro de Saúde de Corrubedo e á necesidade de arranxalas, o Goberno local de Ribeira que encabeza María Sampedro achegou unha serie de datos cos que quixo saír ao paso das críticas e compartir cos nacionalistas e coa veciñanza as iniciativas postas en marcha para solucionar as ditas eivas.

Segundo fan saber, o Concello “xa trasladou xa no mes de febreiro á Xunta as melloras necesarias no inmóbel”.

Engaden que o Goberno galego está a avaliar as posibilidades para a eliminación das barreiras arquitectónicas no Centro de Saúde de Corrubedo despois da visita realizada no 24 de febreiro por parte da alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio, acompañados de persoal técnico da Consellería de Sanidade, enxeñeira municipal e profesionais do propio centro.

Durante o encontro de traballo analizaron o estado do edificio para “que sexa accesíbel na súa totalidade, incluíndo a parte baixa, coa finalidade de estudar as diferentes alternativas de remodelación do inmóbel, ademais de recoller as demandas dos propios traballadores do Centro de Saúde”.

“Queremos mellorar as prestacións á veciñanza e isto pasa tamén pola mellora de infraestruturas para garantir a accesibilidade universal”, manifestou a rexedora, quen engade que a Xunta está avanzando cara a acometer unha reforma neste ambulatorio unha vez os técnicos rematen cos informes e tramitación.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.