O BNG leva ao Parlamento unha proposta para mellorar os servizos no Centro de Saúde de Corrubedo

30 Marzo 2026

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) rexistra unha iniciativa parlamentaria para denunciar as deficiencias en materia de accesibilidade do Centro de Saúde de Corrubedo, no concello de Ribeira, e reclama á Xunta “actuacións que garantan o acceso universal ás instalacións”.

A deputada do BNG no Parlamento galego, a pobrense Rosana Pérez, alerta de que na actualidade “para acceder ás consultas médicas e ao mostrador de atención é necesario subir unhas escaleiras interiores, sen que exista ningunha alternativa adaptada como unha rampla ou un sistema salvaescaleiras”. Unha situación que cualifica de “inaceptábel nun servizo público esencial como é a sanidade”.

Pérez subliña que esta realidade supón “unha vulneración clara do dereito á accesibilidade universal”, afectando especialmente ás persoas con mobilidade reducida, ás persoas maiores ou a quen emprega cadeira de rodas. “Non se pode consentir que, en pleno século XXI, haxa persoas que non poidan acceder con normalidade ao seu centro de saúde”, engadiu.

Ademais, a deputada nacionalista denunciou que son “os propios profesionais sanitarios ou as persoas acompañantes quen teñen que subir e baixar a man ás persoas con mobilidade reducida”, algo que considera “indigno e impropio dun sistema sanitario público que debe garantir a igualdade de trato”.

Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG en Ribeira e exalcalde, Luís Pérez Barral, puxo o foco na importancia deste centro sanitario para a veciñanza. “O Centro de Saúde de Corrubedo presta servizo a veciñas e veciños de Corrubedo, Olveira e Artes, polo que propoñemos que se manteña en boas condicións”, afirmou.

Barral reclamou que se actúe para eliminar as barreiras arquitectónicas existentes e dotar o centro dos investimentos necesarios. “A loita da veciñanza fixo que a Xunta non pechase este centro e a Xunta debe investir recursos para garantir un dereito básico como é o acceso á sanidade pública en condicións de igualdade”, destacou.

A iniciativa do BNG solicita á Xunta “a elaboración e execución dun plan de actuación que inclúa a instalación dunha rampla accesíbel, un sistema salvaescaleiras ou calquera outra solución técnica que permita eliminar as barreiras existentes”.

Así mesmo, demanda “a consignación de partidas orzamentarias suficientes para acometer as actuacións necesarias que melloren o estado xeral de conservación, mantemento e modernización do centro”.

“É unha cuestión de vontade política”, concluíu Rosana Pérez, quen insta ao Goberno galego a “cumprir coa normativa vixente e garantir que todos os espazos e servizos públicos sexan accesíbeis para o conxunto da cidadanía”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.