O Concello de Ribeira adxudica a creación dun miradoiro-punto de interpretación da paisaxe en Punta do Castro

16 Marzo 2026

O Concello de Ribeira continúa avanzando no seu Plan de Sustentabilidade Turística en Destino coa adxudicación da creación dun miradoiro-punto de interpretación da paisaxe en Punta do Castro; unha intervención máis cara a vigorizar espazos do municipio con interese cultural, patrimonial e paisaxístico situados no litoral.

O deseño propón revitalizar a antiga fábrica de salgadura e consolidar a edificación existente, ademais de colocar unha serie de estruturas de balancín que se erixan como un miradoiro, reforzando o vínculo do edificio co mar. Preténdese así reproducir o mecanismo que se identifica coa industria da salgadura de mediados do século XIX.

O orzamento de licitación situouse nos 143.848,48 euros, con IVE incluído. A empresa Sonense de Granitos, S.L. resultou a adxudicataria por contar coa mellor oferta das dúas que concorreron ao proceso. O prazo de execución das obras será de tres meses e o prezo final do contrato é de 136.656,05 euros, con impostos, financiado con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.