O Concello de Rianxo organiza en primavera un percorrido xacobeo de sete etapas dende O Cebreiro ata Santiago

10 Marzo 2026

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Deportes, organiza un percorrido xacobeo nesta primavera: Camiño de Santiago 2026: O Camiño Francés (dende O Cebreiro ata Compostela. A actividade desenvolverase en sete etapas a desenvolver nos meses de marzo, abril, maio e xuño. Haberá 105 prazas dispoñíbeis e o prazo de inscrición ficará aberto até o 18 de marzo. Quen precise máis información tena na aplicación Cluber.es. Trátase dunha proposta para persoas maiores de 18 anos na que se dará prioridade ás veciñas e veciños de Rianxo.

Etapas: O Cebreiro – Triacastela 21,8 km; Triacastela – Sarria (por Samos) 25,1 km; Sarria – Portomarín 23,1 km; Portomarín – Palas de Rei, 25 km; Palas de Rei – Arzúa, 28,8 km; Arzúa – Arca (O Pino), 18,4 km; Arca – Santiago de Compostela, 20 km.

Cada etapa terá o seu propio programa, no que se detallarán as cuestións relativas á organización, horarios, normas e desenvolvemento da actividade.

O punto de encontro para a saída desde Rianxo establécese na parada de autobuses do paseo da Ribeira.

Cada etapa ten un prezo de 15 €.

O prezo inclúe os custes de organización, transporte, monitorado e seguro de accidentes.

Como dixemos, ofértanse 105 prazas. O número mínimo de participantes para que se desenvolva a actividade é de 35.


Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.