O Concello de Rianxo fai balance dos seus logros en política social nestes 1.000 días de goberno

15 Marzo 2026

A concelleira de Política Social de Rianxo, Ana Vidal, fixo balance dos principais logros do seu departamento nestes 1.000 días de Goberno local.

Segundo indicou, ao longo deste tempo púxose en marcha por vez primeira unha liña de axudas, dotadas con 10.000€, destinadas a apoiar as actividades impulsadas polas asociacións e nais e pais (anpas) dos centros educativos rianxeiros. Amais, sinalou no seu balance, ampliáronse os fondos para as axudas ás familias rianxeiras destinadas á adquisición de material escolar.

Para o curso 2025/2026 adxudicáronse axudas por máis do dobre que o importe correspondente ao curso 2022/2023.

Igualmente, púxose en funcionamento a Unidade de Atención Temperá do Concello de Rianxo, “un servizo que ten como obxectivo fundamental dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal”. Del xa se beneficiaron case 100 familias rianxeiras, explicou a concelleira.

A edil salientou tamén a apertura dun centro terapéutico para persoas con deterioro cognitivo “un recurso moi importante para as persoas que sofren algún tipo de doenza neurodexenaritiva e un pequeno respiro para as súas familias”. Tamén se puxo en funcionamento un programa de envellecemento activo en todas as parroquias do municipio.

A concelleira engadiu que “nestes 1000 días tamén impulsamos un un servizo de préstamo gratuíto de axudas técnicas (camas con carro elevador, grúas eléctricas, asentos xiratorios de baño, etc.) para apoiar ás persoas en situación de dependencia, así como ás persoas coidadoras”.

E concluíu: “Tamén desbloqueamos o proxecto para a construción do centro de día no Pazo de Rianxiño e vimos traballando coa Deputación da Coruña para a posta en funcionamento dunha residencia para atención das nosas persoas maiores; máis axiña que tarde teremos en funcionamento estes importantes servizos”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.