O venres 20 celebrarase a 2ª sesión do programa Coidando Lousame: “Alimentación vs Nutrición”, da man da enfermeira María Valiñas

12 Marzo 2026

O auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave de Lousame acollerá o vindeiro venres 20 de marzo, ás 19:30 horas, a charla informativa Alimentación vs nutrición, que será impartida por María Valiñas, enfermeira do Centro de Saúde de Lousame.

Trátase da segunda sesión do programa Coidando Lousame, posto en marcha por iniciativa da propia Valiñas en colaboración co Concello para tratar sobre diversas cuestións relacionadas coa saúde nunhas charlas gratuítas e abertas a toda a veciñanza.

A asistencia é totalmente gratuíta e aberta a toda a veciñanza, se ben por razóns de loxística é preciso anotarse previamente en bandoticket.com ou no Centro de Saúde de Lousame.

Durante a súa intervención, María Valiñas explicará as diferencias entre alimentación e nutrición, dous conceptos moi relacionados entre si e que aínda que na linguaxe coloquial se empregan como sinónimos, non o son.

Así, Valiñas fará fincapé en que alimentarse é simplemente comer cando temos fame, mentres que a nutrición está relacionada con tomar alimentos que sacian a fame pero que tamén achegan vitaminas, minerais e aminoácidos que precisa o corpo para realizar correctamente as súas funcións vitais.

Esta charla dá continuidade á celebrada o pasado mes de febreiro, titulada Falemos de hábitos saudábeis, e contou cunha gran participación veciñal. Unha conferencia na que a enfermeira do Centro de Saúde de Lousame fixo fincapé nos pequenos hábitos diarios que xeran unha gran diferencia na nosa saúde.

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.