O Concello de Boiro remata as obras para a mellora do firme en Moimenta

10 Marzo 2026

O Concello de Boiro vén de finalizar as obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. O tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro, Roberto Lojo, visitaron este martes 10 de marzo o lugar para coñecer o resultado final das obras.

Segundo informaron, as actuacións que se levaron a cabo consistiron na regularización da sección libre dun camiño de entre os 4,50 e 5,00 metros de sección na vía con faixas laterais que completan o camiño entre 60 e 75 cm, suficientes para executar a rede de pluviais.

A actuación completa contempla a rehabilitación superficial mediante a aplicación dunha nova capa de rodaxe asfáltica para conservar e mellorar as características funcionais de seguridade así como a protección do conxunto do firme; así como tamén incorporar unha rede de recollida de pluviais que evite e maioría das escorrentías de augas da choiva que produce o camiño

O importe das actuacións ascende aos 91.040,62 euros financiados mediante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.