O Concello de Boiro mellora a seguridade viaria na contorna do Campo de Fútbol de Valiño

04 Marzo 2026

O Concello de Boiro vén de levar a cabo unhas actuacións para a mellorar a seguridade viaria no entorno do Campo de Fútbol de Valiño, en Cabo de Cruz. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, visitaron o lugar para coñecer o resultado final das obras.

Explicaron que as actuacións levadas a cabo ascenden aos 25.327,97 euros e contemplan a dotación de pluviais, o acondicionamento do terreo e a pavimentación do mesmo para mellorar as condicións da vía e garantir unha mellora da seguridade viaria no acceso á instalación deportiva.

Engadiron que estamos ante “unha zona con moito tránsito diario de vehículos debido á gran afluencia de persoas que cada día pasan pola instalación deportiva”.

Con estas actuacións o que se fixo foi mellorar os accesos e a contorna do campo de fútbol, facilitando así o acceso de vehículos e peóns á instalación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.