O Concello de Boiro executa as obras para a creación de beirarrúas e carril bici nun tramo da avenida da Constitución

03 Marzo 2026

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a construción de beirarrúas e carril bici nun treito da avenida da Constitución. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron este martes 3 de marzo o lugar para coñecer o estado de execución das obras.

As actuacións estanse a levar a cabo no tramo comprendido entre a avenida de Compostela e a rúa Salvador Allende e contemplan “a construción de beirarrúas de soleira de formigón e baldosa hidráulica nunha zona na que non existen na actualidade e con abundante tránsito peonil procedente dos centros de ensino situados na avenida de Compostela”, explicaron.

As obras contemplan, ademais da execución de beirarrúa, a dotación dun carril bici que conecta co xa existente na rúa Salvador Allende e que chega á praia de Barraña. Con esta actuación executarase tamén unha glorieta na intersección entre a avenida da Constitución e a rúa Salvador Allende para “mellorar a seguridade viaria e garantir unha maior fluidez do tráfico rodado”.

As actuacións complétanse coa execución das canalizacións de saneamento, abastecemento de auga e electricidade así como a execución dos pasos elevados e o marcado viario. Esta obra, que ascende aos 199.240,61 euros, conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o POS+.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.