O Concello de Boiro dota dúas novas instalacións municipais de desfibriladores semiautomáticos

05 Marzo 2026

O Concello de Boiro vén de adquirir dous novos desfibriladores semiautomáticos para instalacións municipais. Coa adquisición destes dous novos aparellos, o Concello de Boiro conta xa con 16 desfibriladores instalados en diversas instalacións municipais. O concelleiro, Roberto Lojo, supervisou este xoves 5 de marzo a instalación dos mesmos.

Engadiu que “todos os aparellos propiedade do Concello de Boiro están dados de alta no 061 e dotados con todo o material necesario para facer unha reanimación en caso dunha parada cardiorespiratoria, tanto en adultos como en nenos”.

Sinalou tamén que os distintos dispositivos están situados en inmóbeis municipais con gran afluencia de persoas e lugares onde se desenvolven tamén probas e competicións como son as instalacións deportivas.

O Concello de Boiro vai levar agora a cabo cursos de reciclaxe para o persoal municipal que conta con formación en RCP (Reanimación Cardio-Pulmonar) e manexo dos desfibriladores, así como formación para novos traballadores municipais para seguir ampliando o numero de persoas con esta formación. Trátase de cursos teórico-prácticos impartidos por persoal cualificado e que certifica aos participantes que contan con esa formación específica.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.