O Concello de Boiro celebra o venres 10 de abril o Xantar de Confraternidade das Persoas Maiores

16 Marzo 2026

O Concello de Boiro celebra o vindeiro venres 10 de abril o Xantar de confraternidade das persoas maiores do ano 2026, unha cita anual para as persoas maiores de 65 anos ou xubiladas. As inscricións para poder asistir terán lugar entre o 25 e 27 de marzo.

O catering está previsto para 500 comensais e contará con música en directo e baile. O prezo do xantar será de 25 euros por persoa e poderanse inscribir persoas que teñan máis de 65 anos ou prexubilación.

As inscricións serán os días 25, 26 e 27 de marzo presenciais no Concello de Boiro en horario de 9.00 a 13.00 horas. As persoas interesadas deberán acudir provistas do seu DNI e, de ser o caso, o documento acreditativo da condición de xubilado/a. O pago do prezo público do menú poderase efectuar no propio momento da inscrición mediante tarxeta bancaria.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.