O ciclo “Muller e saúde” de Boiro achega este mércores unha charla sobre ciberviolencia e control dixital

02 Marzo 2026

O Centro de Saúde de Boiro vai acoller este mércores 3 de marzo pola tarde unha sesión divulgativa centrada no acoso dixital ás mulleres. A charla encádrase no ciclo Muller e Saúde (espazos seguros onde aprender, relacionarse e conectar), organizado polo Concello de Boiro. Desenvolverase en horario de 16.00 a 18.00 horas, baixo o epígrafe Ciberviolencia e control. Porá o foco nas estratexias de prevención e autoprotección dixital promovendo un uso seguro e responsábel das ferramentas dixitais. A charla será impartida pola Cruz Vermella de Boiro.

Trátase dunha actividade de balde. As inscricións poden facerse no enderezo electrónico cim@boiro.org ou no teléfono 669 582 674.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.