O Centro Arqueolóxico do Barbanza acolle un obradoiro de casas castrexas para a rapazada

05 Marzo 2026

O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza dous obradoiros co obxectivo de achegar á rapazada a prehistoria a través das vivendas castrexas. Será o sábado 21 de marzo ás 11.30 e 17.00 horas.

Durante a actividade as persoas participantes explorarán o interior dunha vivenda castrexa reconstruída, onde descubrirán como era e como se vivía nelas. Ademais, converteranse en pequenos arquitectos, deseñando e modelando as súas propias casas de barro, inspirándose nas construcións da época.

A actividade está destinada a rapazada de entre 6 e 14 anos e está limitada a 12 prazas por sesión, polo que se require inscrición previa que se pode facer na web do Centro Arqueolóxico emprazado en Neixón (Boiro).

Outros artigos

Tempo estable o sábado con sol e suba das temperaturas

Galicia manterase este sábado baixo a influencia das altas presións, cun claro dominio do vento do nordés que deixará unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica na maior parte do territorio. Agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que pola...

+

O Albergue da Chaínza de Noia recibe ao seu primeiro peregrino

O Albergue da Chaínza de Noia acolleu na noite de onte ao seu primeiro peregrino, marcando así o inicio da súa actividade como novo punto de acollida para camiñantes do Camiño de Santiago. O primeiro usuario das instalacións foi Óscar Caldera Merino, de 43 anos e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.