O BNG reclama ao Goberno máis servizos ferroviarios e a implantación inmediata do servizo de proximidade na nosa terra

02 Marzo 2026

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, acompañado polo voceiro municipal do BNG en Teo, Eloi Devesa, a concelleira e responsábel de organización comarcal, Almudena Taboada, e outros cargos institucionais e orgánicos da comarca, denuncia a situación “insustentábel” do servizo ferroviario convencional entre Santiago e Vilagarcía e reclama ao Goberno do Estado “un incremento das frecuencias e a aceleración da implantación do servizo de proximidade na Galiza”.

A comparecencia prodúcese despois de que o BNG rexistrase nas Cortes do Estado unha batería de iniciativas para exixir explicacións pola supresión dos servizos ferroviarios entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa desde o pasado 6 de febreiro, “unha decisión que deixou sen tren as estacións intermedias e que provocou graves prexuízos ás persoas usuarias”, sinalou Rego, que cualificou de “inadmisíbel” que,  a día de hoxe, “aínda se descoñezan as causas concretas do fechamento, e critica que a única resposta de Renfe e Adif ante episodios de chuvias intensas, sexa o fechamento da liña, sen ofrecer alternativas fiábeis nin información clara á cidadanía”.

Pola súa parte o portavoz do BNG en Teo, Eloi Devesa, destacou que “durante máis de quince días a parada de Osebe en Teo, xunto coas de Padrón, Cesures ou Catoira non tiveron tren, e as persoas usuarias non tiveron información dos motivos ao tempo que podían seguir mercando billetes para logo depender dun plan alternativo por estrada irregular, con atrasos e supresións constantes” recrimina, “a recuperación e mellora dos servizos ferroviarios é fundamental para o noso concello e facilitaría apostar por un medio de transporte sustentábel e alternativo aos desprazamentos por estrada”.

Neste sentido, o BNG exixiu a restitución inmediata dos servizos suprimidos, xunto coa posta en marcha dun plan de mantemento exhaustivo das infraestruturas ferroviarias e unha revisión periódica de vías e taludes que permita garantir a circulación mesmo en condicións meteorolóxicas adversas. “O que falla non é o tempo, é a falta de investimento e planificación” afirma Rego.

O Bloque Nacionalista Galego insiste en que esta nova incidencia evidencia a necesidade urxente de dotar á Galiza dun verdadeiro servizo de tren de proximidade que vertebre o territorio, conecte as comarcas e ofreza frecuencias suficientes e prezos accesíbeis.

“O Goberno do Estado debe cumprir co acordado co BNG porque a Galiza segue sen un servizo de tren de proximidade que permitiría reforzar as conexións entre cidades e vilas, reducir o uso do vehículo privado e avanzar cara a un modelo de mobilidade sustentábel.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.