O BNG de Rianxo propón activar a incorporación dos baixos da Martela como vivendas protexidas

04 Marzo 2026

O BNG presentou un rogo no pleno de febreiro do para activar a incorporación dos baixos da Martela como vivendas para familias de protección oficial.

A agrupación lembra que o 8 de xaneiro de 2026 a Xunta activaba unha Oferta Pública de Adquisición de locais en Ourense para transformalos en vivendas de promoción pública en alugueiro, cun investimento de 2M€.

Recordan que a conselleira Allegue explicaba en rolda de prensa que a iniciativa piloto en Ourense foi “un paso máis para incrementar o número de vivendas públicas na cidade, ao converter os locais en desuso en inmóbeis para uso residencial”.

O BNG lembra que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) conta no concello de Rianxo con baixos que poden incorporar a novas vivendas públicas xa, posto que situados na Martela son da súa propiedade.

“Solicitamos que o Concello se dirixa á Xunta para lembrarlle que ten xa predios que poden ter estes usos unha vez que os licitou varias veces sen comprador”, sinalan dende a agrupación nacionalista.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.