O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

05 Marzo 2026

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é fomentar entre a veciñanza a adquisición de coñecementos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos. As inscricións poden formalizarse a través do número de teléfono 623 974 959. As prazas serán limitadas. A sesión desenvolverase en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas. A persoa encarga de impartir os contidos será Carlos Prados Sande, DUE asistencial da base en Santiago do 061 Galicia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.