Medio Ambiente e o Concello de Porto do Son avalían vías de colaboración para mellorar as redes municipais

10 Marzo 2026

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, mantiveron este martes 10 de marzo unha xuntanza de traballo para estudar vías de colaboración con vistas a mellorar as redes de saneamento e abastecemento do municipio e os servizos prestados á veciñanza neste eido.

No eido do tratamento das augas residuais, as partes analizaron fórmulas coas que dar solución á falta de conexión dalgunhas vivendas illadas ao sistema de saneamento municipal. Neste sentido, o Executivo galego e o Concello vanse coordinar para elaborar un proxecto mediante o cal os núcleos de poboación pendentes poidan incorporarse á nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) do municipio.

A conselleira, que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, abordou tamén as propostas do Concello para mellorar o servizo de abastecemento en varias parroquias de Porto do Son, co fin de “garantir a subministración de auga para consumo doméstico durante todo o ano, especialmente nos meses de verán”, sinalaron, engadindo que na xuntanza acordouse manter novos contactos no futuro co fin de deseñar e perfilar a mellor solución posíbel desde o punto de vista técnico para dar resposta ás necesidades trasladadas polo Goberno local.

Cómpre lembrar que, aínda que a prestación dos servizos de saneamento, abastecemento e depuración é unha responsabilidade de competencia municipal, a Xunta leva anos prestando apoio técnico e financeiro aos concellos que o necesiten.

De feito, o orzamento de Augas de Galicia para 2026 subiu un 5,5%, ata os 151,7 millóns de euros, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora e creación de infraestruturas, a formación e a divulgación de técnicos e cidadanía e a execución de políticas de prevención ante os riscos climáticos, co fin de que aumenten a resiliencia hídrica da comunidade.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...