Médicos galegos maniféstanse en Santiago para esixir a Sanidade retomar as negociacións

14 Marzo 2026

Un grupo de médicos de atención primaria e hospitalaria de Galicia saíu este sábado á rúa en Santiago de Compostela para reclamar á Consellería de Sanidade que retome as negociacións co obxectivo de poñer fin á folga indefinida convocada polo sindicato O’Mega, que permanece activa desde o pasado 2 de marzo.

A mobilización reuniu a ao redor dun centenar de facultativos, familiares e achegados que se concentraron na Alameda de Santiago de Compostela. Desde alí iniciaron unha marcha por varias rúas do centro da cidade, cunha parada ante o Parlamento de Galicia, para finalizar o percorrido na Praza de Praterías.

O´Mega

Antes do inicio da manifestación, os profesionais sanitarios explicaron aos medios que desde o xoves da semana pasada non se produciu ningunha nova reunión co departamento autonómico para abordar o conflito laboral na atención primaria. Ademais, sinalaron que tampouco teñen convocados novos encontros a curto prazo.

Os facultativos sosteñen que as negociacións están actualmente “rotas” e lamentan que se lles acuse de non querer dialogar. Segundo indican, a súa principal reivindicación nas mobilizacións é precisamente a apertura dunha mesa de negociación para abordar as condicións laborais e a situación do sistema sanitario.

Pola súa banda, o sindicato O’Mega cualificou a realidade sanitaria galega de “crítica” e pediu á Xunta de Galicia que deixe de “maquillala con cifras baleiras”, insistindo na necesidade de adoptar medidas que melloren a atención e as condicións de traballo do persoal médico

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.