Marta Villaverde asiste á poxa dixital da Lonxa 4.0 en Porto do Son

26 Marzo 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou a lonxa de Porto do Son para comprobar o funcionamento da poxa electrónica implantada a través do sistema Lonxas Galegas 4.0, destinado á primeira venda de produtos pesqueiros.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e o alcalde Luis Oujo, destacou a importancia desta ferramenta dixital para modernizar a comercialización do peixe e agradeceu a colaboración da confraría e do Concello.

A xornada incluíu tamén unha reunión co patrón maior da confraría, Emilio Queiruga, e co presidente da Federación provincial de Confrarías da Coruña, Daniel Formoso, na que se abordaron distintas melloras para as instalacións portuarias.

Entre as propostas analizadas figura a creación dunha aula de formación orientada a favorecer a remuda xeracional no sector marítimo-pesqueiro. Ademais, a conselleira visitou a nave de redeiras para avaliar posibles actuacións de mellora, lembrando as liñas de axuda dispoñibles a través da Xunta.

Villaverde subliñou a importancia da colaboración entre administracións e sector para avanzar cara a unha xestión máis eficiente e innovadora das infraestruturas portuarias e da actividade pesqueira.

Plataforma tecnolóxica

Lonxas Galegas 4.0 é unha plataforma que reforza a proxección e a dixitalización das rulas galegas e mellora a seguridade alimentaria, a rastrexabilidade dos produtos pesqueiros e a eficiencia na xestión comercial das rulas. A nova tecnoloxía posibilita mellorar a visualización da oferta de peixe e marisco galego e optimizar os procesos de compra mediante participación remota, facilitando o seguimento de cada lote desde o mar ata o prato a través dun sistema interconectado entre lonxas, confrarías, distribuidores e mercados.
A conselleira subliñou que o proxecto é o resultado dun traballo iniciado en 2018 en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que permitiu crear unha plataforma tecnolóxica única integrando os sistemas de xestión (Xeslon) e os de poxa e comercialización (Siscom).
O investimento total da Xunta neste sistema acada os 10 millóns de euros, permitindo ata o de agora o procesamento de máis de 7 millóns de notas de venda, cun valor de facturación superior aos 400 millóns de euros e a comercialización de 205 especies diferentes, capturadas por máis de 7.000 unidades de pesca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.