“Luz e memoria”. Luís Celeiro

08 Marzo 2026

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendo
certezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dando
fe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo especial, nas amplas e
despoboadas zonas rurais. É un refrán que di máis cousas, algunhas delas esperanzadoras, como
esta de “tras a adversidade chega a calma” desexada, reclamada, perseguida e demorada.
Segundo o dito popular, todo é cíclico e a realidade é cambiante. Os científicos estudan os cambios
climáticos e proxectan confianza na experiencia. Eles saben, igual que quen le este xornal, que a
confianza no cambio abre as portas da esperanza. Queremos auga e algún día choverá, se queremos
que pare, cando sexa, parará. Sempre atoparemos na historia algunha situación semellante á actual.
Nun libro con textos científicos e divulgativos, “Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia”
coordenado por Francisco Díaz-Fierros e publicado, en 2008, polo Consello da Cultura Galega, dise
que os climas, alén da súa dimensión física, teñen unha clara significación cultural, ata o punto de
que Ramón Otero Pedrayo, “sentía climaticamente as diversas falas dos pobos europeos”.
A meteoroloxía é a ciencia que estuda os fenómenos que teñen lugar na atmosfera, pero os
científicos que traballan neste ámbito, non poden esquecerse da cultura que os rodea e que os
alimenta. Parece que a climatoloxía dun territorio xera unha forma de vida, unhas costumes e unha
cultura que vai marcar o andar da xente e da vida dese territorio, por grande ou pequeno que sexa.
O mundo está pendente das observacións meteorolóxicas, con enorme incidencia nas guerras, nas
invasións, nas vitorias e nas derrotas. Son como armas militares para a destrución ou, cando menos,
para facilitar a destrución, que tanto lles interesa a eses poucos, que queren para eles o de tódolos
outros. Se os pobres puideran controlar o clima, outro galo cantaría, habería luz para a maioría.
Luz e memoria son convenientes para seguir camiñando cara adiante. Cómpre saber o que pasou,
para non repetir erros, para que non se agranden eses mares de bágoas xélidas dos pobos que
sofren a brutalidade da inxustiza diaria. Si, a Tía Manuela quere alumear a memoria.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.