Luns revolto nas Rías Baixas e Santiago con treboadas e baixada das máximas

01 Marzo 2026

As Rías Baixas e a comarca de Santiago afrontarán este luns 2 unha xornada marcada pola inestabilidade atmosférica debido á influencia dun centro de baixas presións situado sobre Portugal, que deixará tempo cambiante no oeste peninsular.

O ceo estará parcialmente nubrado, con intervalos de nubes que irán medrando ao longo do día e darán paso a chuvascos localmente fortes, acompañados de treboadas. As precipitacións serán máis probables e intensas nas comarcas atlánticas, afectando especialmente ao litoral das Rías Baixas e á área compostelá, mentres que no leste galego resultarán menos frecuentes.

No plano térmico, as temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, deixando unha madrugada máis suave que en días anteriores. Pola contra, as máximas sufrirán un moderado descenso debido á maior presenza de nubes e ás precipitacións, o que se traducirá nun ambiente máis fresco nas horas centrais da xornada. (7 graos/ mínima/15graos máxima)

O vento soprará moderado de compoñente sur durante a mañá, rolando a norte a partir do mediodía, o que contribuirá a cambios na evolución das chuvias ao longo da tarde.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.