Luns 23 estable en Galicia con dominio do nordés e ceos pouco nubrados

22 Marzo 2026

Galicia continuará o luns baixo a influencia das altas presións, mantendo unha situación de estabilidade atmosférica en boa parte do territorio.

Agárdanse ceos pouco nubrados ou con presenza de nubes altas, mentres que nas primeiras horas do día poderán formarse bancos de néboa en zonas do interior, que irán desaparecendo co paso da mañá.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, mantendo valores similares aos da xornada anterior (máximas de 20 a 24 graos).

En canto ao vento, soprará frouxo do nordés en xeral, con intervalos de maior intensidade no litoral, especialmente entre Estaca de Bares e Cabo Fisterra, onde se poderán rexistrar refachos fortes.

O noso mar: vento do nordés á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.