“Galicia protexe da violencia o seu persoal sanitario”. Antón Luaces

24 Marzo 2026

Longamente agardada para, finalmente, decidir que a violencia que padece o persoal sanitario dispoña das medidas de protección e prevención necesarias para ser combatida eficazmente. A medida foi aprobada no Parlamento galego onte pola mañá e, deste xeito, en base ao novo marco legal, o Sergas poderá  formular o troco de médico ou adscribir a outro centro de saúde durante ata cinco anos aos agresores do persoal sanitario (incluidos os técnicos e médicos do 061, obxectivo en moitas ocasións desas agresións). A protección aprobada vai ampliarse a todo o sistema sanitario, así como aos traballadores de empresas privadas que prestan os seus servizos no sistema público e con independencia do lugar no que se produza esa agresión: sexa nun centro, durante a traxecto a este ou mesmo nunha atención a domicilio.

Coa nova lei na man poderá sancionarse a violencia exercida por medios telemáticos por doentes, familiares ou acompañantes. Estes deberán respectar a honra e o prestixio profesional do persoal. O incumprimento de tal obriga  será considerado unha infración sanitaria. 

A lei regulará asimesmo as gravacións de vídeo e son ao persoal médico en consulta. Para facer estas, os doentes deberán solicitar permiso. En caso contrario será entendido coma unha rotura da confianza entre médico e doente, podendo o facultativo solicitar que o usuario sexa derivado a outro profesional.

Non haberá sancións económicas para as gravacións realizadas sen permiso, máis sí para aquelas outras condutas calificadas coma leves, graves e moi graves, cuxa contía vai desde os 300 aos 15.000 euros.

As agresións a sanitarios no exercicio da súa profesión é considerada desde o ano 2015 un delicto de atentado contra da autoridade, tal e como establece o artigo 550 bis do Código Penal.

A maioría das agresións son -nomeadamente en España- verbais (70%), mentres que a violencia física vai en torna ao 30%.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.