Ferido grave un ciclista tras sufrir unha caída en Ribeira

01 Marzo 2026

Un ciclista resultou ferido de gravidade este mediodía tras sufrir unha caída cando circulaba pola estrada DP-6705, no punto quilométrico 0,8, na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira.

Segundo informou o 112 Galicia, foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma arredor das 13:30 horas ao atopar ao ciclista inconsciente sobre a calzada e solicitar asistencia sanitaria urxente.

De inmediato mobilizáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os Bombeiros de Ribeira, a Policía Local, integrantes do GAEM e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia prestaron asistencia ao ferido, que foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario correspondente polo persoal sanitario. As circunstancias concretas da caída están sendo investigadas.

Bombeiros Ribeira

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.