Faleceu unha percebeira no Son arrastrada por un golpe de mar

31 Marzo 2026

Unha veciña percebeira de 54 anos residente na parroquia de Caamaño (O Porto do Son) faleceu na mañá deste martes 31 de marzo logo de ser arrastrada por un golpe de mar dende as rochas nas que se atopaba apañando percebes.

O accidente foi rexistrado polo 112 sobre as 10.00 horas deste martes na contorna de Baroña, nun enclave situado preto do Castro. A muller á deriva foi localizada por uns bateeiros que alertaron ao 112 Galicia e o servizo autonómico de emerxencias iniciou axiña un dispositivo no que participou un helicóptero. Tamén foi alertado o patrón maior da Confraría de Pescadores de Porto do Son, Emilio Queiruga, cuxo fixo Jorge guindouse ao mar para rescatar a percebeira, que foi trasladada a terra para recibir atención sanitaria, pero, segundo explicaron os implicados aos medios de comunicación, xa nada se puido facer para salvarlle a vida. Malia todo, os xestores o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron a todos os organismos competentes, como Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Policía Local, Guardia Civil e Urxencias Sanitarias Galicia-061.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.