“Europa aprendeu de España a dicir NON á guerra de Trump e Netanyahu” – Antón Luaces

20 Marzo 2026

Moitos españois encheron de aire os seus pulmóns cando escoitaron, días pasados, dicir ao presidente do seu país un claro e rotundo “Non á guerra” que Estados Unidos de América e Israel libran no Oriente Medio en contra de Irán. E non foi, ben se sabe, porque os españois non concorden con esa idea espallada por toda a nación desde que o presidente Aznar decidira formar parte do “trío dos Azores” nunha guerra contra Iraq cuxos motivos nunca puideron xustificar. Non: a formulación de Pedro Sánchez foi recibida e aceptada nun escenario de medo ás consecuencias dun outro enfrontamento de Sánchez con Trump que este, nunha proba evidente dunha suposta irracionalidade, tenta facer recaer nun país, España, descoñecido para o presidente estadounidense.

Medo á guerra económica -a todas luces prexudicial para os intereses dos españois- nun dos mellores momentos na estabilidade da inmensa maioría do habitantes de España. Mais, sobre todo, medo á perda de vidas nunha guerra innecesaria que nin é nosa nin tampouco de Europa. Trump e Netanyahu erraron as direccións dos seus proxectís. Nen sequera souberon explicar suficientemente que xustificaría no curto prazo esta guerra de intereses a non ser que Trump recoñeza o que semella ser evidente: a súa actuación por descoñecemento da realidade  coma simple monifate ou monicreque do primeiro ministro israelí. Unha simple marioneta coa que cubrir as costas dun dirixente de Israel con causas xudiciais pendentes das que en poucos meses debe dar conta, como a debe dar do bombardeo por el decidido do xacemento de gas de South Pars que fixo que os prezos da subministración enerxética se disparasen e que o conflito pase de ser unha cuestión rexional a algo que non da mostras de poder rematar a curto prazo de tempo e que xa deixa un moi cruel ronsel de vítimas humanas, moitas delas cativos. (Israel repite fazaña). 

Non, esta guerra non é nosa, Nen coma españois, nen coma europeos. Nen sequera coma aliados ou así. Malia ser Trump, na opinión de Netanyahu, todo un “visionariio”.

Outros artigos

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

A Universidade de Santiago de Compostela está situada entre as mellores, segundo os rankinsmundiais de máis prestixio, aqueles que avalían todas as potencialidades e as capacidades dasinstitucións universitarias e de ensino superior. En Galicia, nesta esquina ou xa no...

+

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

Con el corazón en puño seguimos durante diez días la operación Ártemis II. Cuatro adultos pasaron diez días volando a cuarenta mil kilómetros por hora metidos en un cuartucho de seis metros de diámetro; y no se pelearon durante el viaje. Para que eso fuera posible...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.