Este venres prosegue en Boiro o ciclo “Muller e Saúde” cunha charla centrada en complementos na alimentación

11 Marzo 2026

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) acolle esta semana unha nova actividade divulgativa e dinamizadora do ciclo Muller e Saúde, impulsado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro e o Concello co obxectivo de achegar ás veciñas pautas para mellorar a súa calidade de vida e o seu apoderamento e tamén, para “ofrecerlles un espazo seguro onde aprender, relacionarse e conectar”.

A nova sesión celebrarase este venres 13 de marzo e dará comezo ás 16.00 horas. Levarase a cabo baixo o epígrafe Complementos na alimentación e será impartido polo experto Fernando Casal Couto, nutricionista da Escola galega de Saúde (SERGAS).

Inscricións no enderezo electrónico cim@boiro.org ou no teléfono 669 582 674. Trátase dunha actividade de balde.

Outros artigos

Belén do Campo supervisa as melloras no viario de Camboño

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Lousame, Esteban Ares, e pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisaron este xoves 16 de abril os traballos que se...

+

Comeza en Boiro a III Feira de Emprego do Barbanza

A primeira hora deste xoves 16 e abril comezaron as actividades da III Feira de Emprego do Barbanza, unha xornada organizada polo Concello de Boiro para impulsar o talento e a economía local. Celébrase no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.