Este 29 de marzo regresan as andainas primaverais de Outes para coñecer o seu rico patrimonio

23 Marzo 2026

Este 29 de marzo volven a Outes as andainas do programa municipal Coñece o Noso Patrimonio, Rutas de Primavera 2026, conxunto de itinerarios destinados a mostrar e reivindicar os tesouros ambientais, culturais, patrimoniais e paisaxísticos do termo municipal e das súas parroquias. O programa, organizado polo Concello de Outes, inclúe esta tempada 7 rutas culturais guiadas e dirixidas por un experto local. As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición poden achegar os seus datos o luns previo a cada andaina cubrindo o formulario que atoparán escaneando o código QR do cartel ou na páxina web municipal.

Este luns 23 de marzo o Concello abren as inscricións para a primeira andaina: Historia do Freixo e Rego do Rial. Desenvolverase este 29 de marzo e terá unha distancia de 10 quilómetros con punto de partida dende o Centro Náutico do Freixo.

O 12 de abril está prevista a segunda andaina: De Mirás a Carelo polo Cristo de Baneo, con saída dende a capela do Socorro de Mirás e unha distancia de 7,5 quilómetros.

O 26 de abril celebrarase o roteiro Camiñando cara a orixe do concello de Outes, con saída dende a Eira de Carme, en Brión de Arriba, e unha distancia de 9 quilómetros.

O 10 de maio está programada a ruta Historia apícola no Val do Donas, con saída na capela de San Adrián e un percorrido de 7 quilómetros.

O 24 de maio celebrarase o roteiro Historia ás beiras do río Bendimón, con saída dende a Igrexa de Roo e unha distancia de 7 quilómetros.

O 7 de xuño está prevista a andaina San Miguel de Valadares e montes de Lantarou, con saída na Igrexa de Valadares e unha distancia de 11 quilómetros.

O ciclo rematará o 28 de xuño con Torre dos Mouros e Fervenzas de San Paio, con saída na Igrexa de San Lourenzo e un percorrido de 6,5 quilómetros.

As citas darán comezo ás 9.00 horas e as andainas terán dificultade media. As prazas serán limitadas, de 50 persoas por andaina, agás as rutas da Torre dos Mouros e as Fervenzas de San Paio que serán de 25.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.