Entran na súa recta final os traballos de renovación de acceso ao Montiño, en Taragoña

31 Marzo 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, informou de que esta semana chega ao seu remate a actuación para a renovación completa do firme da vía de acceso ao Montiño dende a DP-7203 (na parroquia de Taragoña).

Ademais dos traballos de asfaltado, tamén se instalou unha nova rede para a recollida de augas pluviais para mellorar a súa evacuación e evitar que deterioren a pista no futuro.

O rexedor engadiu que nos vindeiros días farase tamén o tramo comprendido entre o Burato e o Périto (ata a ponte sobre a autovía AG-11).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.