En Rianxo o Concello renova o firme nos accesos ao Montiño, en Cartomil e na Cruz (Taragoña)

12 Marzo 2026

Esta segunda semana de marzo prosegue en Rianxo o traballo de posta a punto de redes viarias das brigadas municipais do Concello de Rianxo. En concreto, estase a renovar por completo o firme da vía de acceso ao Montiño dende a DP-7203 (Taragoña).

Segundo informou o alcalde Julián Bustelo, “despois da limpeza previa de toda a superficie afectada, neste momento estamos instalando unha nova rede para a recollida de augas pluviais para mellorar a súa evacuación e evitar que deterioren a pista no futuro ou lle causen algún problema aos veciños da zona”.

Xa a finais do 2023 o Concello de Rianxo executou unha obra para mellorar o tramo da estrada que une o Montiño con Te. Entre as dúas actuacións, o investimento total case chega aos 150.000€.

En Cartomil e A Cruz

O rexedor tamén confirmou tamén a posta en marcha da obra para renovar por completo o firme de varias vías no interior dos núcleos de Cartomil e A Cruz (Taragoña). Bustelo engadiu a este respecto que “hai uns meses, neses mesmos núcleos, promovemos unha importante actuación para ampliar a rede municipal de abastecemento de auga dando servizo a algo máis de 30 vivendas”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.