En Rianxo, o Concello e o SERGAS impulsan nas parroquias un ciclo de charlas sobre prevención do risco cardiovascular

31 Marzo 2026

O Concello de Rianxo e o Servizo Galego de Saúde impulsan un ciclo de charlas informativas sobre a prevención do risco cardiovascular.

As charlas serán impartidas por enfermeiras do Centro de Saúde de Rianxo, ás que as persoas asistentes poderán facer chegar as súas dúbidas sobre esta cuestión (medidas a pór en práctica para garantir un corazón saudábel e previr riscos cardiovasculares).

As sesións levaranse a cabo en Taragoña (o luns 6 de abril pola mañá no Centro Cultural e Deportivo), no Araño (o luns 6 de abril a partir das 11.45 horas no Centro Sociocultural da Capela), en Leiro (o xoves 9 de abril pola mañá no Centro Sociocultural Vicente Vidal), en Isorna (o xoves 9 de abril ao mediodía na Casa da República) e en Rianxo (o mércores 8 de abril pola mañá na praza de Castelao, cunha mesa informativa).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...