En Muros o Concello poda e renova as árbores dos colexios

17 Marzo 2026

O Concello de Muros informou do comezo dos traballos de poda e renovación das árbores nos colexios de Infantil e Primaria e das súas contornas.

No CEIP de Louro xa se está actuando en 98 árbores, principalmente chopos e piñeiros, nunha intervención de preto de 18.000 euros, segundo explica a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira.

Nos vindeiros días os traballos continuarán no CEIP Ramón de Artaza.

O Concello engadiu que antes das actuacións realizouse unha avaliación técnica do arborado. Grazas a estes exames constatouse que algúns exemplares chegaron ao final da súa vida útil e, aínda que non están enfermos, non soportan podas duras sen risco de rotura ou caída, polo que os profesionais recomendan a súa retirada.

A alcaldesa, María Lago, lembrou que “a seguridade das nenas e nenos nos centros educativos é unha prioridade absoluta e actuar a tempo é fundamental para garantir espazos escolares seguros”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.