Elefante Elegante estrea en Portugal o espectáculo infantil “Coralinda”, que chegará a Rianxo o 21 de marzo

10 Marzo 2026

A compañía de teatro Elefante Elegante presenta o seu novo espectáculo Coralinda, unha comedia xestual dirixida ao público infantil e familiar que terá a súa estrea portuguesa este sábado 14 de marzo en Tondela e chegará ao Auditorio de Rianxo para a súa estrea en Galicia o vindeiro 21 de marzo ás 19:00 horas. Dirixida a público a partir dos 3 anos, Coralinda é unha proposta escénica ao estilo dos debuxos animados que aborda a temática da inmigración e do medo ao diferente desde o humor, a poesía visual e a emoción. A obra convida a reflexionar sobre as experiencias das persoas que viaxan lonxe da súa terra na procura de mellores condicións de vida.

O espectáculo nace dunha colaboración internacional entre a compañía galega Elefante Elegante e a compañía portuguesa Trigo Limpo Teatro Acert, consolidando unha coprodución galego-portuguesa que reforza os vínculos culturais entre ambos territorios.​

Sinopse

Nun lugar cincento, vive un señor todo vestido de cincento que manipula unha serie de caixas… cincentas. Un día, chega unha muller. Ven cantando e bailando alegremente. Trae un vestido colorido e unha actitude exuberante que non deixa a ninguén indiferente. Así que ve ao señor, diríxese a el. Pero este, desconfiado ante a expresividade dos xestos dela e o volume da súa música, constrúe un enorme muro que lle impide entrar. Ela tenta dicirlle que as súas intencións son pacíficas, pero o señor amósase indispoñíbel a se comunicar coa visitante. Será que estas dúas persoas tan opostas serán quen de construír un lugar diferente, onde collan moitas máis cores e máis persoas?

O espectáculo aborda a temática da inmigración e do medo ao que é diferente a través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, a obra constrúe un universo cómico e poético que transita do realismo á hipérbole da vida cotiá.

O proxecto conta coa subvención da AGADIC – Xunta de Galicia e está coproducido polo Concello de Culleredo e por Trigo Limpo Teatro Acert. Colaboran ademais o Concello de Carral e o Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.