Detido un home e desmantelado un punto de venda de droga en Muros

14 Marzo 2026

Axentes da Garda Civil detiveron a un home en Muros como presunto autor dun delito contra a saúde pública e desmantelaron un punto de venda de substancias estupefacientes que operaba nunha vivenda da localidade.

A operación foi levada a cabo por efectivos do posto da Garda Civil de Muros en colaboración co posto de Boiro, e contou tamén coa participación da Policía Local de Muros.

A investigación iniciouse tras recibir información procedente da colaboración cidadá que alertaba da posible existencia dun punto de venda de droga na zona. Unha vez analizados os datos recollidos, os axentes lograron localizar o piso no que presuntamente se distribuían as substancias.

Tras obter o correspondente mandado de entrada e rexistro por parte da autoridade xudicial, os axentes accederon á vivenda, onde localizaron diversas substancias estupefacientes que estaban a ser manipuladas para a súa distribución en doses individuais.

Durante o rexistro tamén se interviñeron útiles para o pesado, preparación e envasado das drogas, ademais de 320 euros en moeda fraccionada. Os axentes atoparon igualmente distintos obxectos que poderían estar relacionados con delitos contra a propiedade e que, segundo explica a Garda Civil no seu comunicado, poderían ter sido utilizados como medio de pagamento polas substancias. A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións relacionadas con este caso.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.