O Concello da Pobra do Caramiñal impulsará un proxecto de emerxencia no paseo marítimo dos Areos

01 Marzo 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal impulsará un proxecto de emerxencia para actuar no paseo marítimo dos Areos, co obxectivo de consolidar a cimentación do muro e garantir a seguridade das persoas, así como preservar unha infraestrutura esencial para a vila.

Tras o seguimento técnico realizado nas últimas semanas, detectouse un deterioro significativo nun tramo aproximado de 90 metros lineais. Desde o goberno local consideran “imprescindible” actuar con carácter urxente para reforzar a estrutura e evitar un posible colapso.

O alcalde, José Carlos Vidal, subliñou que a decisión responde á necesidade de “evitar o colapso da infraestrutura, o que podería causar graves danos materiais e persoais”. O rexedor recoñeceu que as competencias poderían corresponder a outras administracións, pero defendeu que “non podemos deixar pasar máis tempo; o primordial é a seguridade dos veciños e veciñas, polo que é necesario actuar coa máxima celeridade posible”.

Un eventual derrubamento afectaría gravemente á estrada DP-6703, clave para a circulación peonil e viaria da vila, así como ás edificacións e establecementos da contorna.

Recalce da cimentación por bataches

A intervención prevista consistirá no recalce da cimentación mediante bataches, penetrando 80 centímetros na rasante actual da area e procedendo ao recheo con formigón. Este sistema xa foi empregado con éxito noutro tramo do paseo, polo que permitirá estabilizar temporalmente a estrutura e reducir o risco inmediato.

Danos agravados polos temporais

Os informes técnicos sinalan que a acción continuada dos temporais, das mareas vivas e das correntes mariñas provocou o lavado progresivo da cimentación do muro, descalzándoa e xerando unha perda significativa de estabilidade no tramo afectado.

Os fortes temporais rexistrados este inverno aceleraron esta patoloxía. Ademais, as previsións apuntan á chegada de novos episodios adversos que poderían coincidir coas mareas vivas de marzo —as máis intensas do ano—, o que incrementaría o risco.

Nestes momentos, a zona afectada permanece acordoada pola Policía Local. Desde o Concello fan un chamamento á responsabilidade cidadá e ao respecto das indicacións de seguridade, insistindo en que a prioridade absoluta é protexer á veciñanza mentres se executan as actuacións necesarias.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...